CRTVG

Buscar

O 70 por cento dos veciños do barrio ourensán da Ponte acoden ao cribado

Publicado o 08/05/2021 14:45

Así, en escasos minutos marchan coa PCR feita.
800 probas fixeron no pavillón de Oira estas sete enfermeiras nas primeiras dúas horas.

O Sergas convocou para este cribado 2.000 os veciños e veciñas de entre 30 e 60 anos do barrio ourensán da Ponte, asistiron 1.414, o 70 por cento.
Ourense ten hoxe 97 casos activos. O barrio da Ponte concentra moitos deles, pois supera en 50 casos por 100.000 a incidencia media do concello.

Máis de 200.000 PCR levan feito na área sanitaria de Ourense. Un desexo común.