CRTVG

Buscar

O 70 % dos galegos xa ten a pauta completa de vacinación

Publicado o 29/07/2021 21:21

• Abrirase o calendario de vacinación para os maiores de 12 anos, sempre que haxa doses dispoñibles

• A vindeira semana comeza a recuperación para os maiores de 30 anos que aínda non acudisen a vacinarse

 

O ritmo de vacinación en Galicia consegue o primeiro reto da inmunización de rabaño ao chegar ao 70 por cento da poboación vacinada coa pauta completa, que se traduce en máis dun millón setecentas mil persoas. A Xunta quere comezar a incluír no calendario a xente máis nova, tamén os que teñen entre 12 e 19 anos. 

O obxectivo é seguir priorizando os grupos de máis idade, pero abrindo cotas para os rapaces, se hai doses suficientes dispoñibles. Non sempre é así, de feito a área sanitaria da Coruña ten que pospoñer as citas tres días por falta de material. Na quenda deste xoves máis de 5.000 mozos de 20 a 29 anos pasaron por ExpoCoruña conscientes da importancia de frear a transmisión do virus.

A vindeira semana abrirase a recuperación para os maiores de 30 anos que aínda non acudisen a vacinarse e haberá máis citas para os mozos de idades comprendidas entre 16 e 20 anos.

Noticias web

29/07/2021