O 60 % dos españois, partidarios de medidas máis estritas contra a pandemia
Publicado o 07/01/2021 14:45

Case o 60 por cento dos españois pensan que se deberon adoptar medidas máis estritas ante os riscos da pandemia. Só un dous por cento opina que non tiñan por que adoptarse medidas que limitasen as liberdades.
A última enquisa realizada polo CIS sobre a covid-19 tamén revela que máis da metade dos españois teñen dúbidas de que coas vacunas poidamos recuperar a vida que tiñamos antes. E un 27 por cento tamén revela que sufriu a perda dalgún coñecido.