CRTVG

Buscar

O CIS pregunta polas eleccións galegas: máis da metade prefiren que o presidente sexa Núñez Feijóo

Publicado o 17/06/2020 22:53
O CIS pregunta polas eleccións galegas: máis da metade prefiren que o presidente sexa Núñez Feijóo

A enquisa do CIS revela que o 53,1 % dos preguntados prefire que nestes momentos o presidente da Xunta sexa o actual presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo. A moita distancia sitúanse Ana Pontón e Gonzalo Caballero. Así, a candidata do BNG é a preferida para presidir a Xunta para o 12,5 %, mentres que o candidato do PSdeG é o elixido para o 12,3 %.

En cuarto lugar está o candidato de Galicia en Común-Anova-Mareas, Antón Gómez Reino, preferido para o 1,4 %, ao que lle seguen Beatriz Pino (Cs) e Ricardo Morado (Vox), preferidos para o 0,1 %.

Así mesmo, no barómetro especial do CIS para Galicia, o actual presidente da Xunta obtén unha nota de 6.1. En segundo lugar sitúase a voceira nacional do BNG cunha nota de 5, e en terceiro lugar está o secretario xeral do PSdeG, cun 4,9.

En canto á intención de voto para as vindeiras eleccións autónomicas, o 34,7 % afirma que votará o PP. O 14,8 % di que votará o BNG, e o 14,1 %, o PSdeG. O 2,5 % afirma que vai votar a Galicia en Común-Anova-Mareas, o 0,4 %, a Vox, e o 0,1 %, a Cs.