CRTVG

Buscar

O 49er FX de Támara Echegoyen remata a un só punto das medallas

Publicado o 03/08/2021 06:03
O 49er FX de Támara Echegoyen remata a un só punto das medallas

Por un só punto escapoulle a medalla ao 49er FX da galega Támara Echegoyen e de Paula Barceló. Na decisiva Medal Race as españolas foron sextas, conseguiron recurtar diferenzas cos Países Baixos (novenas) pero quedaron a un só posto de acadar a prezada medalla de bronce. 

O triunfo foi para a parella do Brasil (Grael/Kunze) con Alemaña ocupando o segundo posto. Os dous barcos fixeron unha Medal Race moi sólida mantendose en todo momento entre as mellores. Non foi boa a saída para Echegoyen que conseguiu remontar ata o sexto posto, a só catro segundos do barco alemán. Ese suspiro é o que lle faltou para culminar a remonta porque os Paises Baixos non tiveron o seu día e, logo de liderar a competición desde o principio, estiveron a piques de quedar sen medalla. 

Clasificación: Brasil, 76 puntos; Alemaña, 83 puntos; Países Baixos, 88 puntos; España, 89 puntos.