CRTVG

Buscar

O 470 de Nico Rodríguez comeza con forza á procura das medallas

Publicado o 28/07/2021 07:37
O 470 de Nico Rodríguez comeza con forza á procura das medallas

Terceiro posto para o 470 de vela español en que está o vigués Nico Rodríguez a carón de Jordi Xammar. Debutaba a súa clase e non foi boa a primeira regata para os números un do ránking mundial. O décimo posto logo de ter moitos problemas na primeira regata non era un bo resultado. 

Todo mudou na segunda regata, en que os españois lograron o triunfo por diante de Nova Zelandia e Brasil.

No conxunto das dúas, o barco de Nico Rodríguez é o terceiro, só por detrás da parella de Australia, outra das grandes favoritas para gañar o ouro, e de Nova Zelandia.