CRTVG

Buscar

O 42 % da poboación arxentina vive baixo a liña da pobreza

Publicado o 12/04/2021 08:58

Na Arxentina, a corentena obrigatoria durante os primeiros meses do ano pasado tivo enormes efectos sobre a economía e a poboación: un 42 % dos arxentinos vive baixo a liña de pobreza e actualmente uns 10 millóns de persoas precisan asistencia alimentaria. 

Son os principais problemas que sofren os habitantes do barrio 31, un dos distritos máis vulnerables da capital arxentina, que na pandemia non fixo máis que empeorar a súa situación.

Segundo datos oficiais, a pobreza afectou a 12 millóns de persoas no 2020, dous millóns máis que no ano anterior.

O grupo máis golpeado son os máis pequenos: seis de cada dez arxentinos menores de 14 anos son pobres.

Por todo isto, as organizacións sociais temen que a segunda vaga de contaxios deteriore aínda máis as súas condicións de vida.

Noticias web

12/04/2021