CRTVG

Buscar

O 40 % dos españois usa Bizum para facer envíos rápidos de diñeiro

Publicado o 08/10/2021 14:44

Realizar envíos de diñeiro a través do Bizum está en auxe. En só 5 anos esta aplicación española suma xa 18 millóns de usuarios. Na rúa tamén hai cada vez máis comercios que admiten Bizum como método de pago.

E mesmo colectas solidarias a través desta aplicación. A plataforma descarta cobrarlles aos usuarios, pero non aos bancos, e dependerá deles pasarlles ou non comisión aos clientes.

A aplicación triunfa por ser sinxela e instantánea, pero semella que ser de balde tamén é fundamental para os usuarios.

Noticias web

08/10/2021