CRTVG

Buscar

Tregua nun congreso de unidade do PSOE: González e Zapatero arroupan a Sánchez

Publicado o 16/10/2021 14:47

O PSOE logrou unha foto histórica: a de Felipe González e Rodríguez Zapatero, con posicións diverxentes en diversos temas nos últimos anos, e con eles Pedro Sánchez e Joaquín Almunia. De fondo Pérez Rubalcaba, que estivo vivo en varios discursos. Cinco pasos, cinco etapas no partido, reunidas neste Congreso.

Na súa intervención, Felipe González, declarouse herdeiro do réxime do 78 e da súa capacidade para o pacto, Ademais, apostou por un PSOE que sexa instrumento para a transformación social e pediulle a Sánchez que propicie a liberdade crítica: "Que estimule a liberdade de expresarse criticamente. Que estimule a liberdade para opinar o que se pensa e a responsabilidade de pensar o que se di cando se fala. Así, así se constrúe un gran partido que represente a sociedade".

Pola súa parte, Zapatero reivindicou o papel de Rubalcaba contra a ETA. Dixo tamén que o camiño do PSOE é o da liberdade con benestar e igualdade, co feminismo como bandeira:  "Non hai feminsmos, pero... O feminismo é a grande achega dos últimos cincuenta anos ao cambio das sociedades e onde mellor se ten manifestado o cambio de España".

A actual número dous do partido, Adriana Lastra, dixo que o PSOE representa a "saída xusta" á crise do coronavirus, mentres que, ao seu entender, Casado propugna "división e desigualdade".

Noticias web

16/10/2021