CRTVG

Buscar

O 30 de abril reabre o túnel da Cañiza

Publicado o 22/04/2021 16:43
O 30 de abril reabre o túnel da Cañiza

Xa hai data para a reapertura do túnel da Cañiza. Será o día 30 de abril, o venres da próxima semana. Confirmoullo o secretario de Infraestruturas ao alcalde de Vigo.

O túnel en sentido Ourense leva pechado dende finais de xaneiro, cando ardera un camión no seu interior. Dende entón, os usuarios deben dar un rodeo de máis de 20 minutos. 

Noticias web

22/04/2021