CRTVG

Buscar

O 29 % dos galegos están vacinados cunha dose contra a covid-19

Publicado o 22/04/2021 16:36

Nos próximos próximos días, incluída a fin de semana, o Sergas seguirá vacinando con Pfizer o colectivo entre 70 e 79 anos e maiores de 80 que non a puxeron, con AstraZeneca os maiores de 60 e con Janssen os grandes dependentes na casa.

Segundo os últimos datos, explica Feijóo, o 29 % dos galegos xa recibiron polo menos unha dose e o dez por cento da poboación da nosa comunidade xa ten as dúas doses.

"España leva vacinadas o mesmo número de persoas que resultaron contaxiadas; Galicia leva vacinadas cinco veces máis das persoas contaxiadas. Isto acredita que imos a un ritmo de vacinación superior e que tivemos moitos menos contaxios que outras comunidades autónomas", afirma Alberto Núñez Feijóo.

E aínda no capítulo de vacinas, o Consello da Xunta aprobou hoxe reservar 6 millóns de euros para mercar 145.000 doses contra a gripe máis para o próximo inverno.

Noticias web

22/04/2021