O 2020 rexistra o menor número de falecidos nas estradas
Publicado o 19/08/2021 21:02

No 2020, o ano da pandemia marcado polas restricións nos desprazamentos, faleceron 1.370 persoas en accidentes de tráfico. A pesar do drama que iso supón, trátase da menor cifra de vítimas desde que existen rexistros oficiais.
A metade dos falecidos foron peóns, ciclistas e motoristas. É un 22 % menos ca no ano anterior. Tráfico atribúe este descenso á redución das viaxes de longo percorrido. Galicia tamén pechou o 2020 coa súa menor cifra anual de vítimas de tráfico.