CRTVG

Buscar

O 12 de xuño abrirán seis locais como proba piloto para o lecer nocturno

Publicado o 14/05/2021 14:10

Os hostaleiros que traballan no ocio nocturno ven pequena a ocupación do 50 % no interior e o 75 % nas terrazas, pero están dispostos a garantir a seguridade sanitaria nos seus locais. Co rexistro mediante aplicación das persoas que entren nos establecementos, o distanciamento social dun metro e medio, máscara obrigatoria e dispensando xel hidroalcólico nos accesos e cuartos de baño.

José Luis Asenjo, vicepresidente da Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra: "Xa nos dixeron que poderiamos chegar a un 50 % de ocupación. Con todas as medidas que temos que ter; os xeles hidroalcólicos, a ventilación estea ben preparada con boa extracción de aire e a instalación de medidores de CO2, unhas maquiniñas que teremos que comprar".

Entre as medidas económicas está o repartición de catro millóns de euros que se fará en función dos metros cadrados. Os de máis 1.000 metros recibirán como máximo 35.000 euros; 500 a 1.000 metros, 30.000 euros; de 250 a 500 metros, 20.000 euros; de 100-250 metros, 15.000 euros, e de menos 100 metros, 7.500 euros.

José Luis Asenjo, vicepresidente da Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra: "Hai que recoñecer que houbo axudas, pero nunca son suficientes, porque nós vivimos do noso traballo e dos nosos ingresos. As axudas son imprescindibles".

A Xunta farase cargo das probas PCR que se van nesitar para acceder aos locais, unha proba que se fará o mesmo día ou o véspera. Hai aspectos que aínda están por determinar. Os locais serán: en Lugo, Anagrama; en Santiago, Sonar; na Coruña, Pelícano; en Ourense, Miudiño; en Vigo, Toquio, e en Pontevedra, La Pomada.

Noticias web

14/05/2021