CRTVG

Buscar

O 11-M volve traer á memoría os atentados xihadistas de Madrid

Publicado o 11/03/2021 17:25

Os reis Filipe e Letizia saudaron un a un aos representantes das asociacións de vítimas de España e de varios países de Europa que asistiron ao acto.
Uniron a súa voz en Madrid para pedir a creación dun estatuto europeo das vítimas do terrorismo, que entre outras cousas, prohiba as homenaxes aos terroristas condenados.

Tomás Caballero, presidente da Fundación Vítimas do Terrorismo, "é obriga de todos, tamén da Unión Europea, garantir que a liberdade de expresión non sexa a coartada baixo a que se amparan os que apoian publicamente os terroristas"

O rei Filipe lembrou os atentados de Madrid como unha gran traxedia humana e social. Afirmou que o terrorismo nunca vencerá o Estado de dereito e pediu rexeitar calquera tipo de lexitimación da violencia. Tamén preservar a memoria das vítimas.

"Sodes os que mellor representades a grandeza e a dignidade da democracia. A lección que nos dades debemos tela presente sempre, e reflíctese nos valores que nos definen como sociedade libre, responsable e madura", di o rei Filipe.

O acto rematou cun minuto de silencio por todas as vítimas do terrorismo.
 

Noticias web

11/03/2021