CRTVG

Buscar

O 1 de xullo estarán abertos os 71 albergues públicos

Publicado o 29/06/2021 17:47

O 1 de xullo estarán abertos os 71 albergues públicos para peregrinos en Galicia. Entre eles, o novo de Vigo, as súas instalacións foron inauguradas esta mañá polo presidente da Xunta.

Os peregrinos que realicen o Camiño Portugués e fagan parada en Vigo poderán xa desde este xoves facer uso do novo albergue. Situado no Berbés, o edificio conta con máis de 90 prazas e un investimento de case dous millóns de euros.

Alberto Núñez Fejóo dixo que supón un pulo para a cidade e lamentou as trabas do Concello para a súa sinalización.

Noticias web

29/06/2021