Núñez Feijóo di en Guitiriz que as "franquías electorais" só benefician os socialistas
Publicado o 13/04/2019 22:00
Os populares galegos celebraron un mitin no concello lugués de Guitiriz.
· Pablo Casado en Ávila
Pablo Casado estivo esta tarde en Ávila, onde lembrou o legado de Adolfo Suárez e as súas achegas ao sistema democrático. O candidato do Partido Popular foi explícito: Suárez impulsou a concordia e a reconciliación para conseguir unha España constitucional e plural; mentres outros, como Pedro Sánchez, dixo Casado, só pretenden gobernar a través de pactos cos queren destruír a herdanza de Suárez.
Para Casado está claro que Sánchez desexa indultar os independentistas encarcerados para formar, insistiu, un goberno cuxa máxima é a deslealtade a España.