CRTVG

Buscar

Numerosos asolagamentos en Manzaneda pola intensa chuvia

Publicado o 17/06/2021 14:48

En cuestión de minutos, todo o que había no interior dun garaxe en Manzaneda quedou anegado. Non foi o único. Varios sotos e incluso baixos da localidade correron a mesma sorte. Foi unha tromba de auga de tal intesidade que sorprendeu os propios veciños deste Macizo Central, afeitos ás inclemencias do tempo.

Os sumidoiros rebordaron e os regatos tamén. Bombeiros, Protección Civil e os propios veciños pasaron a tarde achicando auga. Limpan coa ollada posta nas nubes, que seguen ameazando chuvia.

Noticias web

17/06/2021