Numerosas personalidades do deporte acoden a dar o último adeus a Blanca F. Ochoa
Publicado o 07/09/2019 22:48
Esparexarán as súas cinzas na súa montaña favorita, Sete Picos. Alí no alto permanecerá o recordo dunha deportista que "elevou o deporte de inverno a cotas de popularidade", como destacaba o ministro de Cultura e Deporte en funcións. Blanca Fernández Ochoa abriu camiño e rompeu esquemas, así a recordarán os centos de familiares, amigos, veciños e personalidades do deporte que se achegaron a darlle o derradeiro adeus a ex-esquiadora e primeira muller medallista olímpica en España.
O goberno da comunidade de Madrid anunciou á familia unha medalla a título póstumo e que renomeará o instituto Montecarmelo como Blanca Fernández Ochoa.