Noya non participará na proba de Hamburgo que decidirá o Mundial de Tríatlon
Publicado o 27/08/2020 17:32
Javi Gómez Noya non participará na proba de Hamburgo que decidirá o Mundial de Tríatlon. A Unión Internacional de Tríatlon decidiu hai só dous días que o título se decida nunha única carreira.
Ao pentacampión mundial non lle parece xusto que se notifique un mundial con só 10 días de antelación sobre a proba, sen previo aviso e sobre unha distancia que non é a habitual.