CRTVG

Buscar

Novos rivais para os equipos galegos de Primeira RFEF

Publicado o 03/06/2021 20:41

A 1ª Federacion, a antiga segunda B, quedará configurada en dous grupos de vinte equipos cada un a próxima temporada. Unha diagonal parte a Península, así que os tres equipos galegos, Celta B, Deportivo e Rácing de Ferrol, quedaron integrados no grupo oeste.

Aí estarán tamén os catro clubs de Castela e León, tres da Rioxa, tres de Madrid, dous do País Vasco, dous de Estremadura, e un de Cantabria, Navarra e Castela-A Mancha.

Soben directamente os primerios de cada grupo. Do segundo ao quinto xogan playoff de ascenso por dúas prazas máis e baixan directamente os cinco últimos.

Noticias web

03/06/2021