Novos gromos de covid en Rábade, Outeiro de Rei, Begonte, Meira e A Pastoriza
Publicado o 22/08/2021 21:18
A pasada fin de semana Rábade celebraba as súas festas. Fíxoo aplicando as normas de prevención, con control de ocupación e mantendo as distancias. Pese a estas medidas, houbo xuntanzas que acabaron en contaxios.
Hai algo menos dunha vintena de positivos, unha cantidade que, sen ser moi alta, é preocupante porque a incidencia acumulada a catorce días por cen mil habitantes supera os 500 casos. De feito, Rábade está en nivel alto de restricións.
O gromo tamén afecta as poboacións veciñas de Begonte e Outeiro de Rei.
En Lugo tamén preocupa un gromo que afecta Meira e A Pastoriza e que roza a ducia de casos.