CRTVG

Buscar

Novos gardas civís de Tráfico viaxan de prácticas de Mérida a Galicia

Publicado o 21/04/2021 14:16

De Mérida, en Badaxoz, a Santiago e o camiño de volta. É a ruta de prácticas para 77 dos 120 gardas civís que están a completar a formación para desempeñar labores de Tráfico. Satisfeitos coa ruta, mesmo valoran que encontraran momentos de chuvia.

O coronel Tomás García, xefe da expedición, di que "aos alumnos lles vai moi ben conducir coa estrada mollada para as prácticas. Que saiban responder cun manexo da motocicleta, sobre todo en condicións adversas, como é con auga abundante como tedes aquí en Galicia".

Despois da ofrenda na catedral compostelá tiñan previsto percorrer estradas das Rías Baixas esta tarde. Á metade da viaxe, o mando da expedición falaba do percorrido por Galicia.

O coronel Tomás García di que é "moi pracenteira para percorrer, cunhas paisaxes preciosas. O tempo tamén nos acompañou; tivemos algúns episodios de auga, pero foron suficientes para practicar nesas condicións adversas que pretendemos, e agora mesmo temos unhas condicións moi boas e a xente está a gozar da viaxe".

Tras a ruta pontevedresa volverán pasar a noite en Ourense para regresar a Mérida mañá cedo. Os 43 alumnos que completan o curso teñen unha práctica similar por Andalucía.

Noticias web

21/04/2021