CRTVG

Buscar

Novos formatos para a 2.ª e a 3.ª RFEF

Publicado o 08/06/2021 21:30

Xa sabemos o formato da que serán a cuarta e quinta categoría en que se estrutura o fútbol español a partir da próxima temporada.

No caso da 2.ª Federación, en que estarán equipos como o Compos, o Coruxo, o Pontevedra e os ascendidos Arenteiro e Bergantiños, configúrase en cinco grupos de 18 equipos cada un, distribuídos por criterios xeográficos. Ascende o primeiro de cada grupo, do segundo ao quinto promocionan e baixan os cinco últimos.

Na 3.ª Federación, serán 18 grupos por división territorial e subirán de xeito directo os primeiros de cada grupo.

Noticias web

08/06/2021