CRTVG

Buscar

Novos contaxios disparan os datos de incidencia acumulada en Meira

Publicado o 20/04/2021 14:33

En poucos días mudaron moito os datos deste concello de Meira. Pasaron de ter algún contaxio illado a ter unha situación preocupante.

O cribado da fin de semana destapou catro novos contaxios de persoas asintomáticas. Agoran suman 9 positivos e a incidencia acumulada supera a barreira dos 500 casos e temen xa un cambio de nivel.

"Cinco xa eran bastantes e agora con nove terán que tomar medidas e igual nos cambian de nivel", sinala o tenente de alcalde Agustín Méndez.

Os que están máis pendentes dos posibles cambios son os hostaleiros que temen un novo peche. No caso de pasar ao nivel máximo, o concello quedaría pechado perimetralmente.

Na zona viven esta situación entre a preocupación e a cautela. E moitos achacan esta situación á falta de concienciación duns poucos.

Nunha situación semellante está o concello de Trabada, onde arestora a incidencia acumulada supera tamén a barreira dos 500 casos por cada 100.000 habitantes.

Noticias web

20/04/2021