CRTVG

Buscar

Novo secuestro masivo de 300 nenas nunha escola de Nixeria

Publicado o 27/02/2021 13:46

Máisd de 300 alumnas dunha escola pública feminina do noroeste de Nixeria foron secuestradas a pasada madrugada. A policía en colaboración co exército activou un dispositivo para rescatar ás estudantes.Son uO secuestro produciuse nun centro de Secundaria de Ciencias en Jangebe, no estado de Zamfara, despois de que un grupo de homes armados atacaran a escola.

Os seceustradores transladaron ás alumnas pola forza en vehículos todoterreo e en motocicletas. O goberno xa dixo que non vai claudicar ás esixencias dos secuestradores que vestían uniformes falsos no ataque polo que os traballadores do colexio pensaron que se trataba de persoal de seguridade. Unha das testemuñas asegurou que centos de homes armados invadiron a cidade e dispararon ao aire para asustar aos residentes.

Os feitos lembran o sucedido en Chibok en 2014 cando 270 nenas foron secuestradas por terroristas de Boko Haram e máis de 100 seguen desaparecidas.
 

Noticias web

27/02/2021