CRTVG

Buscar

Un lemur, novo inquilino no centro da fauna salvaxe de Paderne

Publicado o 03/08/2019 17:39

Non é frecuente que especies ameazas, cheguen a reproducirse en cautividade, pero no centro de fauna salvaxe que hai no concello coruñés de Paderne, conseguírono. Hai preto de dous meses o grupo de lemures creceu coa chegada dun novo membro.

Este é Julen, un lémur de cola anelada, comeza a dar os seus primeiros pasos.  Naceu aquí, neste centro da fauna salvaxe de Paderne a onde chegaron os seus país, dende outro centro,  hai cousa dun ano.

Mara e Juan emparexáronse e criaron a Julen, que agora ten dous meses. Os lémures son especies ameazadas, de aí a importancia que ten o feito de que sexa o primeiro que nace en cautividade.

Pero Julen non é a única novidade do centro... tamén está Ander, un tigre albino que apenas leva catro semanas de adaptación. Con eles son xa 48 as distintas especies que conviven neste recinto, e a intención é seguir formando parellas para que a gran familia Corax siga medrando.

 

 

 

 

Noticias web

03/08/2019