CRTVG

Buscar

Novo gromo en Chantada por unha xuntanza de amigos

Publicado o 29/06/2021 14:10

Unha xuntanza de amigos deixa en Chantada un novo gromo que suma xa 10 positivos. A vila xa sufriu diversos gromos, que non deixan normalizar a situación.

Conforme van aparecendo novos casos, esperta de novo a preocupación. Os hostaleiros esperan que o gromo non vaia a máis e non traia aparelladas restricións.

Temen que se poidan producir cambios como aconteceu hai uns días en Sarria, onde pechou o interior dos locais. Precisamente en Sarria seguen sumando positivos e a cifra de contaxiados ascende agora a 33.

Noticias web

29/06/2021