CRTVG

Buscar

Novo empate do Lugo coma visitante

Publicado o 13/10/2019 13:48
Os lucenses sumaron cinco nas súas cinco saídas

A maquinaria do Lugo mantense a punto. Empate a empate.

En Almería sumou o sétimo da temporada, o quinto nas cinco saídas que leva.

Apoiado nunha sólida estructura defensiva, os lucenses apenas sufriron ocasións de verdadeiro perigo.

De feito Cantero resolveu con acerto os cinco disparos que recibiu.


Cantero. C.D. Lugo: "Estamos a ver que un día máis o Lugo fóra da casa está a competir. Contra un equipo que está nunha boa dinámica, que ten xogadores contrastados na categoría, que levan un par de anos facendo as cousas ben, e nós fixemos un partido moi serio".

En ataque o equipo modificou a súa estructura habitual, utilizando dous extremos clásicos para fortalecer as bandas, con Cristian Herrera de dianteiro de referencia.

Precisamente nas bandas naceron as mellores oportunidades lucenses con Rahmani coma principal protagonista.

Yanis Rahmani. C.D. Lugo; "Hoxe demostramos ser moi bo equipo, a pesar das sensacións anteriores, demostramos ser un equipo moi serio, un equipo que ten moi bos xogadores, entón hai que crer en nós e seguir cara diante. Pero, sobre todo, crer en nós".

En resumo, ante Lazo, o Lugo abrazou un novo empate.

Noticias web

13/10/2019