Novo e duro confinamento en boa parte de Italia
Publicado o 15/03/2021 15:28
Onde non mellora a situación é en Italia, que afronta desde hoxe un novo e duro confinamento. A maior parte das rexións entran en zona vermella, o que de feito implica un novo confinamento.
Pechan escolas, bares e restaurantes e só se poderán realizar actividades esenciais, relacionadas co traballo e coa saúde. A curva de contaxios en Italia medra e na maior parte das rexións os novos casos son mais de 250 por cada 100.000 habitantes.
O Goberno italiano adiantou xa que durante a Semana Santa, todo o pais quedará baixo a zona vermella.