CRTVG

Buscar

Novo ataque de lobos ao gando na provincia de Lugo

Publicado o 21/06/2021 12:36
Novo ataque de lobos ao gando na provincia de Lugo

Novo ataque de lobos ao gando na provincia de Lugo. Sucedeu no concello de Guitiriz, na parroquia dos Vilares. As feras mataron a plena luz do día un xato que pacía no prado. O seu propietario xa deu parte do acontecido a Medio Ambiente.

Os lobos levaban uns meses afastados de Guitiriz, logo de que nos últimos anos mataran numerosos exemplares sobre todo de ovellas. Agora témese que algunha das mandas que adoitan andar pola serra do Xistral se desprazara a esta parte da Terra Chá e que todo o gando que sae das cortes estea en perigo de sufrir o ataque dos lobos. Como se pode ver nas imaxes, os animais apenas deixaron os ósos do xato.

Noticias web

21/06/2021