CRTVG

Buscar

Noventa e oito novos oficiais reciben os seus despachos na Escola Naval de Marín

Publicado o 16/07/2021 16:16

Noventa e oito novos oficiais da Armada, dos que dez son mulleres, recibiron esta mañá os seus despachos na Escola Naval Militar de Marín. O acto, no que tamén xuraron bandeira os oitenta alumnos de primeiro curso, estivo presidido pola ministra de Defensa, Margarita Robles, que foi a encargada de entregar os despachos aos número un das súas respectivas promocions ao Corpo Xeral da Armada, Infantería de Mariña e Intendencia.

Entre as autoridades, o vicepresidente da Xunta e o delegado do Goberno. Respectando as medidas de seguridade pola pandemia, máis de cincocentas persoas entre familiares e amigos presenciaron a cerimonia que coincide co festividade da Virxe do Carme, patroa da Armada. O acto rematou coa homenaxe aos Caídos e o desfile dos novos oficiais, que quedan á espera de destino, e os alumnos graduados. 

Noticias web

16/07/2021