CRTVG

Buscar

Nove mortos e varios feridos nun tiroteo masivo en California

Publicado o 27/05/2021 08:41
Nove mortos e varios feridos nun tiroteo masivo en California

O último tiroteo indiscriminado nos Estados Unidos deixa nove persoas mortas e varias feridas. Foi no estado de California, na cidade de San José, concretamente en instalacións da compañia de transportes VTA. O presunto autor, un traballador da empresa, disparou contra os seus compañeiros cando había unhas corenta persoas na zona.

Entre as nove vítimas mortais está o tiroteador. Un dos oito feridos está grave. O presidente Biden emitiu unha declaración en que pide urxencia ao Congreso estadounidense para que axude a acabar coa "epidemia de violencia por armas".

Noticias web

27/05/2021