CRTVG

Buscar

Nove meses agardando pola sentenza dos eres, o maior caso de corrupción de España

Publicado o 12/09/2019 16:29

O xuízo polos eres de Andalucía, o maior caso de corrupción do país, sentou no banco dos acusados os ex-presidentes socialistas Chaves e Griñán e outros trece ex-altos cargos do PSOE. Foron xulgados pola concesión de 741 millóns de euros en axudas públicas a empresas mentres gobernaron en Andalucía. O xuízo rematou en decembro do ano pasado e non se agarda que haxa unha sentenza ata finais de outubro, dez meses despois de que fora visto para sentenza.

Nunca un fallo xudicial tardou tanto en ser redactada. Ademais desta causa, no caso dos ERE fraudulentos hai outras 146 pezas separadas que tamén acumulan atrasos, moitas delas en fase de instrución. O Consello Xeral do Poder Xudicial abriulle unha investigación á xuíza María Núñez Bolaños, que instrúe varios destes casos. A maxistrada leva meses de baixa e durante os tres únicos días que traballou neste tempo desimputou a tres ex-altos cargos socialistas.

O cadro da Fiscalía Anticorrupción en Sevilla ao completo presentou unha queixa denunciando desleixo de funcións, arbitrariedade e atrasos inxustificados na investigación. 

Noticias web

12/09/2019