CRTVG

Buscar

Nove menores e un adulto morren nun accidente de tráfico en Alabama

Publicado o 21/06/2021 08:08
Nove menores e un adulto morren nun accidente de tráfico en Alabama

Nos Estados Unidos, un accidente de tráfico no estado de Alabama deixa dez vítimas mortais. Nove delas son rapaces de catro a 17 anos. Oito viaxaban no autobús dun fogar infantil que acolle nenos abandonados ou maltratados, e a outra menor, unha meniña de nove meses, ía no coche con seu pai, que tamén morreu. Foi un sinistro na autoestrada interestatal con varios vehículos implicados. Sucedeu este sábado durante as treboadas que azoutaron o estado de Alabama.

Noticias web

21/06/2021