CRTVG

Buscar

Nove falecidos en sinistros de tráfico a fin de semana

Publicado o 28/06/2021 08:23
Nove falecidos en sinistros de tráfico a fin de semana

Desde as tres da tarde do venres ata as oito do serán do domingo, a DXT contabilizou dez accidentes de tráfico, co resultado de nove falecidos. O sábado perdeu a vida un home de 41 anos en Redondela ao bater coa súa motocicleta contra un coche en que ían dúas mulleres. O domingo morreu un mozo de 20 anos en Toledo ao ir por un desnivel. E outro motorista encóntrase en estado crítico en Murcia tras chocar contra un camión.

 

Noticias web

28/06/2021