Novas protestas dos grupos extremistas e antisistemas polas medidas impostas para frear a covid-19
Publicado o 01/11/2020 23:14

As protestas nocturnas contra as medidas restritivas impostas para frear a segunda vaga da pandemia empezaron na madrugada do sábado ao domingo pero tamén continúan na madrugada do luns.
As forzas e corpos de seguridade tiveron que intervir en Madrid, Logroño, Barcelona, Málaga, as tres capitais vascas e en Santander e unhas 60 persoas foron detidas polos incidentes xerados durante a fin de semana.
Esta madrugada as protestas continuaron en Logroño e León, protestas que se deben ao desacordo coas medidas implantadas para combater o avance da covid-19.