Novas medidas en Cataluña: estudan se pechar a hostalería ata fin de mes
Publicado o 14/10/2020 07:41
E medidas drásticas en Cataluña. O Govern estuda pechar bares e restaurantes ata fin de mes para reducir ao máximo a interacción social entre a poboación.
Saberemos ao longo da mañá se esta medida é efectiva e está dentro do novo paquete de restriccións que vai anunciar a Generalitat hoxe mesmo.
Nel incluiríanse tamén suspender as clases presenciais nas universidades e instar ao incremento do teletraballo.