CRTVG

Buscar

Novas declaracións e análise do ordenador no caso Déborah Fernández

Publicado o 22/04/2021 14:45
Novas declaracións e análise do ordenador no caso Déborah Fernández

Hai novidades no caso de Déborah Fernández, a moza viguesa cuxo cadáver foi atopado hai case vinte anos sen que o caso estea aínda resolto. Mañá están citadas a declarar outras catro testemuñas nos xulgados de Tui.

A familia redobra os seus esforzos para esclarecer o caso co convencemento de que se trata dun asasinato, despois dos informes de forenses privados que eles encargaron.

A xustiza tamén autorizou que unha empresa especializada analice o ordenador da moza, unha petición que mantiñan dende o mes de setembro, coa esperanza de que achegue novas informacións. Será a mesma compañía que examinou o móbil de Diana Quer.

Noticias web

22/04/2021