CRTVG

Buscar

Novas contraditorias sobre o estado de saúde de Trump

Publicado o 03/10/2020 21:34


Chegan informacións contraditorias sobre o estado de saúde de Donald Trump, ingresado tras dar positivo en covid-19. O equipo médico que o trata di que evoluciona moi ben, que non ten febre nin necesita osíxeno e que mellorou da fatiga e da tose. Unha fonte anónima próxima á Casa Branca, porén, indicou que nas últimas 24 horas os seus signos vitais foron moi preocupantes e que os próximos dous días serán críticos na súa evolución.
Antes de ingresar no hospital, o presidente norteamericano afirmaba nun vídeo en Twitter que se sentía ben pero que quería asegurarse.


 

Noticias web

03/10/2020