Novas axudas da Xunta a 70 concellos para loitar contra o cambio climático
Publicado o 30/07/2021 14:07
A Xunta destinará 337.000 euros para apoiar que outros 70 concellos redacten plans de acción contra o cambio climático. Estas subvencións buscan que os concellos de toda Galicia inclúan a sustentabilidade e a redución de emisións contaminantes como unha das variables da súas políticas.
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, subliñou a importancia do denominado pacto das alcaldías, impulsado no 2008 en defensa do clima.