Nova York ofrece vacinas para os turistas que visitan a cidade
Publicado o 08/05/2021 13:32
Na cidade estadounidense de Nova York ofrecen vacinas de Jansen como atractivo engadido para os turistas. O plan para refrotar o atractivo a cidade prevé instalar postos de vacinación no Empire State ou Central Park co fármaco de Janssen que só precisa dunha dose para a inmunización dos que a reciben.
Asi os turistas que viaxen a Nova York este ano poderán regresar a casa cun "selfie" na ponte de Brooklin e unha picada no brazo coa vacina contra a covid. A cidade, un dos focos mundiais do turismo quere reactivar unha das súas grandes fontes de ingresos, ofrecendo o que non abunda noutros países: a vacina contra o coronavirus.