CRTVG

Buscar

Nova xornada sen falecementos por coronavirus en Galicia e descenden os casos activos

Publicado o 07/06/2020 11:56
Nova xornada sen falecementos por coronavirus en Galicia e descenden os casos activos

Outra xornada máis en Galicia, a cuarta consecutiva sen falecementos en Galicia por coronavirus cunha semana de notable melloría nos datos, con dous falecementos por Covid-19. A cifra total de persoas mortas manténse asi en 618 persoas. Destas vítimas 274 son persoas maiores, das que 132 morreron en residencias e 142  en hospitais ou residencias integradas.

O SERGAS notifica 524 casos activos por coronavirus, cun descenso de 18 respecto do sábado. 501 pacientes están en seguimento domiciliario. Por áreas sanitarias, 119 casos son da Coruña, 30 da de Lugo, 44 de Ourense, 16 de Pontevedra, 194 en Vigo, 107 da de Santiago e 14 de Ferrol. Na UCI segue un paciente ingresado como o sábado e 22 en unidades de hospitalización.

 Dos casos positivos 20 son usuarios de residencias de maiores e 18 profesionais destes centros. Xa recibiorn a alta epidemiolóxica 10.242 persoas e o número de PCR realizadas en Galicia é de 150.498