CRTVG

Buscar

Nova xornada de vacinacións masivas en distintos centros de toda Galicia

Publicado o 15/05/2021 21:32

Uns veñen ata ExpoCoruña poñer a segunda dose da vacina e outros entraron na repesca que está facendo o Sergas para aqueles que non se puideron vacinar na primeira convocatoria. Este sábado recibiron a pauta de Pfizer ou de Moderna:
"Aos anos que teño prefiro vacinarme e non arriscarme"
Foron uns 3.600 os convocados nesta área sanitaria da Coruña-Cee, a maioría neste centro de ExpoCoruña:
"A ver se nos inmunizamos un pouco e podemos vivir a vida cun pouco de tranquilidade"

Na área sanitaria de Santiago estaban citadas 7.000 persoas na Cidade da Cultura, 3.600 pola mañá e 3.400 pola tarde. No hospital do Barbanza foran convocadas arredor de mil e continuaba tamén a vacinación no Hospital Clínico e no de Conxo:
"Quen nos ía dicir hai un ano que xa iamos estar vacinados. Vemos o final do túnel, creo eu"

Na Cidade da Cultura os vacinados tiñan entre 50 e 59 anos e recibían a primeira dose de Moderna.
"Estou desexando que me poñan xa a segunda e a ver se se normaliza a situación senón isto é un desastre"
"Hai que facelo porque non vemos outra solución, haberá que vacinarse, a ver se así melloramos e remata esta pandemia"
"Eu son profesora universitaria, da USC, e este colectivo estabamos desexando que nos puxeran a vacina, entón si claro desexando como todo mundo"

O ritmo de vacinación foi moi fluído e sen aglomeracións importantes.

Noticias web

15/05/2021