CRTVG

Buscar

Nova xornada de mobilizacións para os traballadores de Navantia

Publicado o 04/02/2021 11:08

Hai uns minutos saían do estaleiro en caravana vehículos para desprazárense ata a delegación do Goberno en Galicia, onde van manter unha xuntanza con Javier Losada.

Vanlle trasladar a situación que atravesa a factoría, que quedará sen carga de traballo en talleres a partir de marzo e sen previsión de ocupación ata entrado o 2022 en canto comece a construción das F-110.

Nestes momentos estiman en máis dun milleiro os postos de traballo que se perderon xa na industria auxiliar.

A Javier Losada pediranlle que medie tamén ante o Goberno central para poder levar adiante a construción do dique flotante, unha vella demanda que permitiría afrontar importantes proxectos de innovación e tecnoloxía nunha comarca cunha complicada situación económica.

Noticias web

04/02/2021