CRTVG

Buscar

Nova xornada de mobilizacións en Galicia contra o ere do BBVA

Publicado o 19/05/2021 21:56

Traballadores do BBVA manifestáronse esta tarde en varias cidades galegas en contra do ere que quere aplicar esta entidade. Concentráronse ante as oficinas do banco. Maniféstanse só un día despois de que o banco anunciara melloras nas condicións do ere presentado inicialmente e ofrecera prexubilacións desde os 52 anos. Mañá haberá unha nova reunión entre a empresa e os sindicatos para avanzar nas condicións.

Noticias web

19/05/2021