CRTVG

Buscar

Nace digochoeu.gal, unha nova web que recompila todos os vídeos do #DígochoEu

Publicado o 12/05/2021 14:53
Nace digochoeu.gal, unha nova web que recompila todos os vídeos do #DígochoEu

"Dende hoxe está dispoñible digochoeu.gal. Todo o 'Dígocho eu' vai estar nunha páxina web", así o anunciaba Esther Estévez na primeira emisión de Twitch, coincidindo co publicación do capítulo 500 do programa.

Nesta data especial lanzan a web Dígochoeu.gal para recompilar todos os materiais creados desde o inicio do proxecto e facer máis doada a súa busca. O espazo ten unha grande repercusión entre a xente nova con máis de 100.000 seguidores en TikTok.

A nova páxina potenciará ademais o seu uso educativo cun apartado de traballo específico para os mestres, que estará accesible a partir do próximo curso.

Noticias web

12/05/2021