CRTVG

Buscar

Nova vacinación masiva na área de Ourense para 6.000 septuaxenarios

Publicado o 11/04/2021 14:08

Teñen entre 60 e 65 anos e esta fin de semana recibiron a primeira dose de AstraZeneca.
"Agora agarda fóra 15 minutos e a segunda dose, en 10-12 semanas".
"Un pouco de medo si, por se dá reacción, pero é peor o virus, entón sempre que haxa remedio vacinándose, moito mellor", comenta unha muller.

Outra, pola contra, di estar complemente tranquila. Que lle dá igual a vacina que lle poñan, o que quería é que lla puxesen xa porque aínda está traballando e pola súa nai. Di que está moito máis tranquila agora".

Josefa Rodríguez Araújo, coordinadora da campaña de vacinación na área sanitaria de Ourense: " Déronnos máis doses de AstraZeneca e programamos para estes dous días máis de 3.000 vacinas. A participación está a ser moi boa. Onte foi do 77 por cento".

Boa participación tamén en Expourense entre as persoas de 75 e 79 anos de idade. Acudiron arredor do 90 por cento.

"Aínda que eu resérvome ben, prefería poñela", di unha das vacinadas. "Isto é unha marabilla, afirma outra, para poder abrazar os netos e os fillos, que non se pode". "Agora só queda que vacinen a miña muller e xa estamos tranquilos de todo", di outro dos convocados.

Josefa Rodríguez Araujo: "Temos previsto volver o martes e o mércores a Expourense con vacinación masivas ata os 79 anos".

Nesta nova convocatoria serán citadas en toda a área sanitaria uns 6.000 septuaxenarios que recibirán a vacina de Pzifer.

Noticias web

11/04/2021