Nova reunión sobre o proceso de venda da planta de Alcoa en San Cibrao
A dirección de Alcoa volve verse cos traballadores e os representantes da Xunta e do Goberno e informa hoxe sobre como vai ser o proceso de venda da planta de aluminio de San Cibrao. A reunión chega logo das declaracións da ministra de Industria Reyes Maroto, en que acusaba a multinacional de non estar facilitando a operación. Pero Alcoa di que os encontros cos posibles compradores están a facerse segundo o acordado e con transparencia.
No ambiente de tirapuxas, os traballadores esixiranlle de novo ao Goberno a intervención da SEPI. Insisten en que a sociedade estatal participe na compra, pero de momento o Goberno non ten intención de ceder. Mentres, cada vez cobra máis peso o interese do grupo vasco especializado no aceiro, SIDENOR, pola planta da Mariña, que conta co visto e prace dos traballadores.
O domingo, nova concentración para defender o futuro da fábrica.