CRTVG

Buscar

Nova liña de axudas da Consellería do Mar para equipar e modernizar portos e lonxas

Publicado o 10/08/2021 15:21
Nova liña de axudas da Consellería do Mar para equipar e modernizar portos e lonxas

A Consellería do Mar publicará esta semana unha nova convocatoria de axudas para equipar e modernizar os portos, lonxas e lugares de desembarque dos produtos do mar. As achegas contan cun orzamento de 800.000 euros para este ano e o seguinte e está dirixida ás organizacións de produtores da pesca, cooperativas, asociacións de mariscadoras a pé, de redeiras e confrarías de pescadores.

Servirán, entre outras, para aumentar a calidade e rastrexabilidade dos produtos desembarcados ou modernizar as infraestruturas portuarias mediante melloras nos edificios.

Noticias web

10/08/2021