CRTVG

Buscar

Nova lea entre percebeiros e bateeiros de Cabo Home, en Cangas

Publicado o 11/05/2020 15:49

Nova lea entre percebeiros e bateeiros de Cabo Home en Cangas. A Garda Civil volveu despregarse en Cabo Home en Cangas para mediar nas disputas entre perceberos e bateeiros.

Uns 60 axentes acudiron á zona ante o temor de que se puideran producir altercados. Os bateeiros de Arousa volveron a Cabo Home para reivindicar o seu dereito á extracción da mexilla nestes bancos da Costa da Vela. Dende hai unha semana impídello a presión dos percebeiros de Cangas mediante concentracións de toda a agrupación.

Noticias web

11/05/2020